Todo o día co posicionamento SEO na boca!
Así pasa a vida dun deseñador de webs. Pero é por algo. Sen SEO, podemos investir miles de euros nunha páxina maravillosa, pero estaremos tirando o diñeiro. Pasou cando se puxeron de moda as páxinas en Flash, e Google lles declarou a guerra. Simplemente, deixou de indexalas. Resultado: desapareceron. Miles de euros tirados ao lixo. O SEO (Search Engine Optimization) é a mellor maneira de facernos amigos dos buscadores.
De Google e do resto.
Antes de comezar: algúns datos
Tes un servizo ou un produto e queres que todo o mundo o saiba. Normal. Para iso constrúes unha web con toda a información e lánzala ao océano dixital. A navegar. Fas iso porque sabes que hoxe todo o mundo busca na internet servizos e produtos de todo tipo. E tes razón. Segundo Google, o seu buscador recibe 3,5 mil millóns de procuras, cada día. 3.500.000.000. Cada día. Podes imaxinar ese número? E non é o único buscador do mundo, claro (ainda que si o máis popular, con 78% das procuras — máis info aqui).
Ademais, segundo HubSpot, 80% do tráfico que recibe un sitio web comeza cunha procura nun deses buscadores. Isto é, só 20% do tráfico chega colocando directamente a dirección do sitio web. Ou a través de enlaces noutras páxinas ou redes sociais.
E outro dato máis: 3 de cada 4 usuarios nunca pasan da primeira páxina dos resultados que cada buscador ofrece. Aínda máis: os tres primeiros resultados quedan co 60% de todo o tráfico.
Así que non é difícil concluir o que iso significa. Non aparecer nesa primeira páxina equivale a perder tráfico, perder usuarios, perder conversións e, eventualmente, perder ingresos. E, claro: ninguén quere iso.
Que é o posicionamento SEO?
A partir destes datos, xa podemos comezar a entender a importancia do posicionamento SEO e imaxinar o que é. A SEO (optimización para motores de busca) consiste nunha serie de principios que se deben ter en conta ao desenvolver un sitio web para que este sexa máis accesible aos buscadores. O esencial, claro, é que sexa accesible ás persoas, que son as que o van usar en última instancia. Mais para que as persoas cheguen a ese sitio, primeiro teñen que chegar os rastreadores: os bots que listan a internet para cada palabra e cada combinación de palabras.
Ao construirmos as páxinas web con isto en mente, melloramos o posicionamento nas páxinas de resultados (SERP) para unha procura determinada. E, deste modo, conseguimos producir impacto nunha maior cantidade de persoas.
O posicionamento combina investigación de palabras chave asociadas ao contido que queremos tratar con técnicas de optimización na arquitectura da información. O obxectivo é que os buscadores indexen e mostren os nosos contidos nos primeiros lugares dentro das súas páxinas de resultados.
A lóxica, no fondo, é bastante simple: a maior optimización, mais arriba nos resultados das procuras. Canto mais arriba, antes aparecemos diante dos nosos clientes e mais fácil é que acaben entrando na web. Se un sitio web cumpre cunha serie de medidas e boas prácticas podemos conseguir que os buscadores dean prioridade a ese sitio. Resumindo: que a doten de certa vantaxe fronte á competencia.
Por que o SEO?
Debido aos altos niveis de competitividade que hai na rede hoxe, é moi importante xa non só que unha páxina web resulte agradable esteticamente, senón que tamén proporcione un sistema de navegación accesible e intuitivo así como unha boa experiencia de uso. Pero — e aquí está o importante — non só para as persoas. Tamén para os bots rastreadores que nos indexan. Podes ler máis sobre os bots rastreadores na web de Google.
Hoxe, os algoritmos de procura teñen en conta unha enorme cantidade de factores que afectan o posicionamento SEO de páxinas web. Aquí inclúense o contido e a súa calidade, a facilidade de lectura, o tempo que os usuarios permanecen na web (en media), o desenvolvemento da web, a súa estética ou o engagement en redes sociais. E, ademais, eses algoritmos mudan constantemente. E non é para nos faceren a vida máis difícil. Fano para adaptarse a unha maneira máis humana de comunicarse e para dar relevancia aos contidos dunha maneira máis semellante a como o fan as persoas. Claro: polo camiño, obrígannos a reciclar as nosas técnicas para resultar máis atractivos aos seus parámetros.
Os básicos do SEO
Algúns dos puntos máis importantes son:
- Etiquetas de imán
- Optimización de títulos de seccións.
- Mapa do sitio (sitemap).
- Meta description.
- Optimización de títulos de dirección
- Optimización de palabras chave no contido.
- Validación por W3C.
Con todo, estes puntos chave por si sós non teñen demasiada importancia. Máis ben trátase da combinación deles e co resto de parámetros usados polos buscadores para situar as páxinas. É importante, en resumo, optimizar tanto os factores que interveñen o SEO on page como en off page porque senón non obterás nin clientes potenciais nin aparecerás nos buscadores.
Que non é o posicionamento SEO?
Malia todo o que dixemos arriba, o posicionamento SEO non é unha variña máxica. É importante, claro, e por iso existen millares de empresas dedicadas case exclusivamente a posicionar os seus clientes para este ou aquel concepto. Para este ou aquel grupo de palabras.
Sen embargo, as estratexias de posicionamento son só unha parte da construción do discurso da nosa empresa na rede. Son a parte que se dedica á canle pola que os contidos deben chegar ao público. Pero os contidos son o verdadeiramente esencial. Por dous motivos.
Primeiro: porque non dá nada aparecer moi ben posicionados e conseguir que moitas persoas entren ao noso sitio web se o que lles ofrecemos unha vez dentro é información mediocre e pouco interesante, desestruturada e mal explicada.
Segundo: porque non conseguiremos aparecer nas primeiras posicións dos buscadores se os contidos non son de calidade. E iso é porque os buscadores non só teñen en conta palabras chave (tags) para saber se nunha páxina se fala disto ou daquilo. Tamén valoran, por exemplo, o tempo que os usuarios permanecen na páxina, coa idea de que a máis tempo de permanencia, maior debe ser o interese do contido.
En resumo: SEO e contido
Por tanto: o posicionamento SEO é importante, pero non é o único importante. Optimizar os nosos sitios web axúdanos a ser máis visibles para os nosos clientes. Pero iso tamén o fan unhas luces de neón pola noite, e non confiaríamos toda a nosa estratexia de marketing a unhas luces de neón. Por moi chamativas que sexan.
E a túa páxina web, está optimizada? Traballas un bo posicionamento SEO? Se tes dúbidas, consúltanos sen compromiso.