Kritikakis Village Hotel é un pequeno resort privado na illa de Íos, no medio do arquipélago grego das Cíclades, que unha vez foi poboado pola misteriosa civilización micénica e onde — segundo a tradición — morreu e foi enterrado o grande poeta que cantou a Ulises e á guerra de Troia, Homero.
Cunha vista privilexiada sobre a baía de Yalos e sobre Chora, a pequena poboación que acolle a maioría de residentes na illa, a experiencia que ofrece promete aos clientes deixar sentir o modo de vida dunha vila mediterránea, entre casas unifamiliares, terrazas, estreitas rúas peonís e un intrincado deseño urbano que propicia tomar as cousas con tranquilidade.