A idea

O Festival do Castro leva anos a se reclamar como un festival diferente que, malia os intentos de domesticación, continúa a ser construído desde a base social do concello de Pantón. Renunciando aos grandes patrocinadores privados e a se converter noutro caso máis de cultura popular convertida en máquina comercial, continúa a ofrecer acceso gratuíto e unha orientación para todos os públicos. E así quere seguir.

Deseño web

O proxecto

O encargo consistía na elaboración da web do festival de 2017 como punto de información para usuarios e veciñanza. 

A proposta consistiu en «webificar» o cartaz que a propia asociación tiña elaborado, introducindo información adicional e funcionalidades de localización, contacto e redes. 

Preparado para comezar?

Déixanos saber que tes en mente. Podemos orientarte sen compromiso naquilo en que somos especialistas: pensamento estratéxico para proxección de marca.

rua do rego, 6c, 5ºd
15895 o milladoiro – ames
(+34) 659260485
info@olf.gal