O proxecto

Edelweiss (lido /ˈedəlvaɪs/; nomenclatura científica: leontopodium alpinum) é unha especie vexetal que só crece nas cimas das cordilleiras. E é, por iso, un dos símbolos do montañismo, e o significante perfecto para un servizo de coidados deportivos especializado nesta disciplina que se vai establecer no corazón das serras orientais galegas.

Edelweiss é un novo servizo de quiromasaxe e masaxe deportiva en Galicia, creado por amantes da montaña e o montañismo que coñecen 

Leontopodium alpinum

Do The Illustrated Dictionary of Gardening, Div. VI, de George Nicholson, edición de L. Upcott Gill (Londres), do ano 1884

A proposta parte da idea dunha abstracción limpa e simple da flor que dará nome ao servizo, e cuxo nome, do alemán Edelweiß, significa «branco puro». Optouse por un azul neutro para a cor, ao asociarmos este tipo de brancos con lixeiros tons azulados. 

Para o nome emprégase unha combinación do tipo Coolvetica de Ray Larabie (Typodermic) e da internacionalmente recoñecida Helvetica.

Preparado para comezar?

Déixanos saber que tes en mente. Podemos orientarte sen compromiso naquilo en que somos especialistas: pensamento estratéxico para proxección de marca.

rua do rego, 6c, 5ºd
15895 o milladoiro – ames
(+34) 659260485
info@olf.gal