krıtıkakıs

Kritikakis Village Hotel é un pequeno resort privado na illa de Íos, no medio do arquipélago grego das Cíclades, que unha vez foi poboado pola misteriosa civilización micénica e onde — segundo a tradición — morreu e foi enterrado o grande poeta que cantou a Ulises e á guerra de Troia, Homero. 

Cunha vista privilexiada sobre a baía de Yalos e sobre Chora, a pequena poboación que acolle a maioría de residentes na illa, a experiencia que ofrece promete aos clientes deixar sentir o modo de vida dunha vila mediterránea, entre casas unifamiliares, terrazas, estreitas rúas peonís e un intrincado deseño urbano que propicia tomar as cousas con tranquilidade.

O proxecto

O reto era claro: reelaborar o antigo logótipo do establecemento para ofrecer, a través da súa leitura, a idea dun espazo íntimo, limpo, minimalista e único.

O propósito do proxecto, portanto, era axudar a aumentar o valor percibido do servizo deste aloxamento, póndoo en liña co tipo de clientela que se procura.

En resumo: reposicionar a imaxe sincrética do logótipo do establecemento nun contexto de alta calidade e destino único.

KRITIKAKIS HOTEL kritikakis_proc_9

A proposta baséase nunha abstracción da forma arquitectónica do edificio, enmarcada nun grande cadrado roto polo nome do establecemento e pola forma principal, transmitindo dinamismo e conferindo maior presenza ao conxunto. 

A idea de ruptura traduce, ao mesmo tempo, a forma complexa e non-lineal da propia arquitectura do edificio.

A forma interior recupera a intrincada trama urbana das vilas mediterráneas e destaca as escaleiras como elemento de ligazón coa contorna que é esencialmente montañosa e con constantes cambios de nivel, o que forza as vivendas a se situaren en diferentes planos, de maneira característica e chamativa.

 

Adicionalmente, elabórase o lettering sen serifa, con reminiscencias á isocefalia do alfabeto grego nas letras «k» e «t», con aproveitamento para outros usos: desde o rótulo do local á etiqueta do viño.

Preparado para empezar?

Cuéntanos que tienes en mente. Podemos orientarte sin compromiso en aquello en que somos especialistas: pensamiento estratégico para proyección de marcas.

rua do rego, 6c, 5ºd
15895 o milladoiro – ames
(+34) 659260485
info@olf.gal