A proposta parte da idea dunha abstracción limpa e simple da flor que dará nome ao servizo, e cuxo nome, do alemán Edelweiß, significa «branco puro». Optouse por un azul neutro para a cor, ao asociarmos este tipo de brancos con lixeiros tons azulados.