Deseño gráfico para marcas, para ti.
Un bo deseño gráfico, con atención aos detalles e aos formatos, consolida a túa presenza e fai que marques a diferenza.
Desenvolvemos
a túa imaxe,
sen límites
Realizamos todo tipo de traballos de deseño gráfico en todo tipo de soportes e para todo tipo de situacións:
- Deseño editorial: deseño e diagramación de revistas, libros, memorias, catálogos, folletos e brochuras, informes técnicos, etc.
- Deseño publicitario: gráfica publicitaria, dípticos e trípticos, posters e cartelería, grande formato, e máis.
- Deseño web: traballos para web corporativa e microsites, landing pages, banners, apps, redes sociais, etc.
- Deseño corporativo: imaxe de marca, logótipos, presentacións, tarxetas e papelería, e calquera outra aplicación para empresas
- Deseño para eventos: deseño de stands de feira, pancartas, rollups, convites e acreditacións, entradas, flyers e material de entrega, etc.
- Deseño de packaging: embalaxes, bolsas, etiquetas, caixas, botellas e outros contentores.
- Deseño de sinaléctica: rótulos, letreiros, lonas, sinaliazación de espazos e percorridos, etc.
- Execución: preparamos o deseño e as artes para imprenta, con supervisión do resultado final e control de calidade. Con imprentas de referencia, ou coa que ti prefiras.
Deseñamos marcas
cunha visión de 360º
Desde identidades corporativas a manuais de marca, tipografía e iconografía exclusivas e todas as aplicacións prácticas que poidas imaxinar
Comecemos hoxe mesmo.
Déixanos saber que tes en mente. Podemos orientarte sen compromiso naquilo en que somos especialistas: pensamento estratéxico para proxección de marca.
Rua do Rego, 6C, 5ºD
15895 O Milladoiro, Ames
Telf.: [+34] 659 260 485
Email: info@olf.gal