Copywriting. Descubre por que é importante para ti

Vivimos rodeados de imaxes, pero o que converte visitantes en clientes son as palabras. Escoller as palabras perfectas é o que fai o copywriting.

Únete á nosa lista para recibires contidos exclusivos sobre branding, marketing dixital e pensamento estratéxico para posicionamento de marca.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Contenidos
4 min.

Se tes un negocio con presenza dixital, terás sentido falar do copywriting. Se non, sinto dicirche que hai algo que non estás a facer ben.

O copywriting, ás veces simplemente «copy», é unha das pezas chave á hora de facer andar calquera marca, presentar un produto ou servizo ao mundo e converter visitantes en clientes.

Atención a esta idea: nos negocios online, todo se basea en escribir ben.

Non se trata de deixar de lado o posicionamento, a imaxe de marca ou a estruturación da túa web. Pero se o texto que aparecerá para quen chegue a ti non é conciso, concreto e optimizado para converter a visita nunha venda, entón a venda non se producirá.

E nós o que queremos son vendas, claro. Que son coas que imos pagar as facturas.

Ademais, as palabras tamén fan parte da imaxe de marca, inflúen no posicionamento e determinan unha estrutura de significados que mellora ou empeora a navegación.

Así que, si: as palabras están no centro do taboleiro.

Mensaxe adecuada + lugar adecuado = máis vendas

Coa mensaxe adecuada, no lugar adecuado, o teu negocio irá mellor. Isto non é ningún descubrimento: serve tanto para os negocios online como para os de toda a vida.

Só que, nos negocios de toda a vida, o contacto entre o teu cliente e ti duraba máis. Moitas veces facíase en persoa, e había máis posibilidades de realizar unha venda.

No mundo virtual dispoñemos de apenas uns segundos para que a persoa que le o título do que ofrecemos decida se lle interesa seguir lendo ou non.

Imaxinemos un negocio que xa teña un volume interesante de visitas na súa casa dixital. Pode ser, por exemplo, unha tenda de roupa online ou un restaurante con envío a domicilio. As visitas están chegando á web. Google Analytics non mente. De maneira que, polo que sexa, xa conseguimos a primeira parte: atraer.

Pero que pasa se, ao entraren, os visitantes só atopan imaxes de modelos vestindo a roupa ou de menús, cunha simple descrición do que xa están a ver e unha fría chamada á acción para comprar?

Pois o que pasa é que as fotos han ter que ser moi boas para convencelos. Porque o texto non lles está a dar aliciente ningún. Ningunha información de por que esa prenda ou ese prato valen a pena. Non se lles está a enganchar á oferta.

Cando isto pasa — e pasa moitas veces —, o problema non está no tráfico. Xa dixemos que hai un volume importante de visitas. O problema está na conversión. O que falta é a segunda parte: vender.

Copywriting: escrita para convencer

Para esa segunda parte, para vender, hai que convencer o cliente de que o noso servizo de comida a domicilio é perfecto para el; ou que comprar na nosa tenda online de roupa ten vantaxes únicas.

Se queremos que os nosos clientes compren, hai que explicarlles por qué. E como se fai iso? Pois, simplemente, deixando claro que se sabe o que as visitas queren e que nós somos a opción perfecta.

Conseguir que a clientela se sinta como se non puidese vivir sen nós pode parecer moita cousa. Pero non é demasiado complicado. E adiviñas unha cousa? O copywriting serve precisamente para iso.

Se desvirtualizamos a palabra e a baixamos á linguaxe do día a día enténdese mellor.

O copywriting é a escrita persuasiva, orientada a conectar os valores dun produto, dun servizo ou dunha marca directamente coas necesidades e os desexos da clientela.

Unha vez conseguido iso, establécese unha relación directa e profunda, na que o cliente ou clienta xa sabe que temos o que busca. E todo o mundo sabe o que significa iso.

Copywriting que converte visitantes en clientes
O copywriting converte visitantes en clientes

A palabra xusta no momento xusto

Cada día está máis claro que o copywriting, esa escrita deseñada para convencer, é unha habilidade vital para calquera negocio que queira vender por internet.

En resumo: vivimos rodeados de imaxes, pero o que converte visitantes en clientes son as palabras. Escoller as palabras perfectas é o que fai o copywriting. E por iso é fundamental para calquera negocio. Físico ou dixital.

As palabras teñen un enorme poder de persuasión. Pero só se están ben escollidas, ben acompañadas en frases pensadas para xerar confianza e autoridade e en textos que conectan a oferta e a demanda.

Esa é a función do copywriting e das persoas que se dedican a iso: as copywriters. E por iso é importante para ti. Porque se trata de romper as barreiras que te separan de quen busca o que ti ofreces.

Ademais, os textos cos que terás que vender non se atopan só na túa web. Tamén hai que «deseñar» os textos que colocamos nas redes sociais, nas campañas publicitarias, no slogan ou mesmo no packaging que enviamos á clientela que xa temos.

Por onde comezar co copywriting?

Todo isto pode parecer abrumador, e require certas habilidades e práctica. Pero non é imposible. De feito, son moitas as marcas e negocios que xa usan técnicas de copywriting ou que teñen, nos seus equipos ou por fóra, persoas que traballan este aspecto.

Este é o primeiro post que ofrecemos sobre copywriting e queriamos que servise como definición y para explicar por que é vital para ti e o teu negocio.

Xa estamos a preparar novas entregas para tratar técnicas concretas e estratexias comprobadas para convencer con palabras. Publicarémolas aquí para ti. Se queres recibir toda esa información directamente no teu correo electrónico, deixa os teus datos na caixa azul que acompaña este texto. É de balde, e non facemos spam.

rua do rego, 6c, 5ºd
15895 o milladoiro – ames
(+34) 659260485
info@olf.gal