Preparado?
Tes 90 días para definir como sairá o teu proxecto desta crise, e non has querer ficar fóra. Descubre como te imos axudar.
Somos unha consultora
de branding e comunicación.
de branding e comunicación.
— Queremos ser a túa.
En OLf focámonos no branding e na creación de estratexias de marketing dixital e contidos optimizadas para cada cliente. Pero, sobre todo, para os clientes dos nosos clientes.
Apaixónanos o deseño honesto e orixinal, e o copywriting persuasivo. E cremos firmemente que a forma segue á función.
Eis a filosofía que sobrevoa cada cousa que facemos:
Queriamos crear unha marca de cero e OLf resultou ser o camiño máis directo e doado. Sorprende que un pequeno estudio sexa capaz de coordenar tantas habilidades diferentes.
Connosco fixeron un traballo excelente, impecable, cunha xenerosidade e profesionalidad enormes. Tanto no copy como no deseño web. Falando sempre claro e sen ocultar nada.
Contratei Oscar para crear a miña marca personal e a miña web. Só podo dicir que se compromete, que investiga e fai que o resultado sexa personal, de cada quen, xenuíno e con carácter.
Oscar é tanto unha mente creativa como un realizador preciso e efectivo. Os seus traballos desenvolvéronse sen contratempos nin escusas. Continuaremos a traballar con el.
_Tetsu Aoyama | Kōhaku Teppanyaki
_Toña Maio | O Antídoto
_Sabela Liñeira | decorazul
_Hans Gäng | Local Global GmbH
Preparado para comezar?
Déixanos saber que tes en mente. Podemos orientarte sen compromiso naquilo en que somos especialistas: pensamento estratéxico para proxección de marca.